logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación
Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación
10 Decembro, 2019
Tomiño e Cerveira, orgullosos do recoñecemento internacional do seu traballo a prol da participación cidadá
Tomiño e Cerveira, orgullosos do recoñecemento internacional do seu traballo a prol da participación cidadá
13 Decembro, 2019

A Eurocidade Cerveira-Tomiño, premiada pola creación das Valedoras da cidadanía transfronteiriza

11 Decembro, 2019
A Eurocidade Cerveira-Tomiño premiada pola creación das Valedoras da cidadanía transfronteiriza

A Eurocidade Cerveira-Tomiño premiada pola creación das Valedoras da cidadanía transfronteiriza

A candidatura presentada por Tomiño recibe en México unha mención especial como ‘Boa práctica en participación cidadá 2019’ concedida polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa

Comparte galardón con outras cinco cidades como Burdeos, Bogotá ou Medellín

O municipio de Iztapalapa en Cidade de México acolleu esta madrugada a cerimonia de entrega da 13ª Distinción “Boa práctica en participación cidadá” concedida polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa (OIDP), un organismo que agrupa 800 vilas, cidades e organizacións de todo o mundo. Tomiño foi unha das seis finalistas, canda as cidades francesas de Metz e Burdeos, e as colombianas de Bogotá, Medellín e Nariño, recibindo unha das mencións especiais outorgadas polo xurado deste certame.

A vila galega presentara, en nome da Eurocidade Cerveira-Tomiño, a experiencia da creación das Valedoras da cidadanía transfronteiriza como un instrumento favorecedor da participación cidadá. Entre todas as candidaturas enviadas ao certame resultaron elixidas por votación 14 e, posteriormente, un xurado experto escolleu de entre elas as 6 finalistas que optaron agora á Distinción e ás Mencións especiais feitas públicas na clausura da 19ª Conferencia da OIDP celebrada en México entre o 7 e o 10 de decembro.

Na fundamentación da candidatura remitida desde a Eurocidade, destácase que “malia as fronteiras físicas deixar de existir na Unión Europea, aínda persisten moitas ‘fronteiras burocráticas’ que impeden unha cooperación eficaz entre as cidadanías locais”. A existencia de institucións pioneiras de caracter transfronteirizo como as Valedoras da cidadanía transfronteiriza ou o Orzamento participativo facilitan o empoderamento cidadán co obxectivo de construír eurocidadanía e “zonas francas sociais” con meirande igualdade e mellor calidade de vida.

Recoñecer experiencias innovadoras en democracia participativa

O obxectivo da distinción da OIDP é recoñecer as experiencias innovadoras que os gobernos locais desenvolvan no campo da democracia participativa. Adicionalmente, búscase dar visibilidade a estas prácticas, achegándoas a outros gobernos locais para que poidan ser replicadas. As propostas deben procurar o fortalecemento comunitario, a ampliación dos dereitos da cidadanía relacionados coa participación política e a mellora da calidade das decisións públicas a través de mecanismos de democracia participativa.

O Observatorio Internacional da Democracia Participativa (OIDP), nacido en 2001, é unha rede de máis de 800 cidades do mundo, entidades, organizacións e centros de investigación que queren coñecer, intercambiar e aplicar experiencias sobre democracia participativa no ámbito local para profundar na democracia no goberno das cidades. Tomiño integrárase nesta rede en 2018.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego