logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas valedoras transfronteirizas
A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas
28 Decembro, 2022
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”

10 Marzo, 2023
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”

Ana Fernández Ordóñez e María Manuela Ferreira foron presentadas este venres en Tomiño

O control fronteirizo en Portugal será reposto durante a visita do Papa Francisco, o vindeiro mes de agosto, para as Xornadas Mundiais de Xuventude? E cales as medidas para salvagardar os cidadáns transfronteirizos? Esta é unha das primeiras preocupacións postas enriba da mesa polas novas valedoras transfronteirizas da Eurocidade Cerveira-Tomiño presentadas este venres en Tomiño. Ana Fernández Ordóñez e Maria Manuela Ferreira elixen a saúde e a creación da tarxeta de cidadán transfronteirizo como áreas prioritarias para os próximos dous anos de mandato da valedoría.

Querendo evitar o “escenario de alarma social” vivido en 2017, de cara á visita do Papa Francisco para o Centenario das Aparicións de Fátima, as novas valedoras da Eurocidade Cerveira-Tomiño alertan do grande impacto na rutina diaria dos cidadáns da raia miñota. Ana Fernández Ordóñez explicou que van “solicitar esclarecementos ao Ministerio da Administración Interna, para obter información fiable e clara sobre este tema, saber que medidas van ser adoptadas e como pretenden evitar os prexuízos para a cidadanía transfronteiriza”.

Un segundo asunto prioritario para as valedoras é a eliminación do período de validez da Tarxeta Europea de Saúde. “Cremos que sería interesante que este documento, recomendable para todas aqueles que viaxan pola Europa ou, como é no noso caso, que continuamente nos mobilizamos entre Portugal e España, debía manter a súa validez atemporal, para así evitar sorpresas desagradables en casos de hospitalización ou asistencia médica no país veciño, estando a escasos quilómetros, polo que queremos romper con estas burocracias”, afirmou Ana Fernández Ordóñez.

Tendo como funcións a garantía da defensa, protección e implementación de intereses comúns aos residentes en Tomiño e Cerveira como cidadáns europeos transfronteirizos, Maria Manuela Ferreira asegurou que “este nomeamento é unha pequena contribución para dar voz a Cerveira e Tomiño no encontro de solucións para os anhelos e necesidades das nosas poboacións, no ámbito das empresas, institucións, nos coidados de saúde, de emerxencia, na protección civil, na mobilidade e circulación de traballadores transfronteirizos, serán sempre as nosas prioridades”. E engade: “Só quen aquí reside e se move diariamente para o país veciño, sexa por traballo ou lecer, pode testemuñar eventuais trabas e burocracias que xa non teñen razón de existir tres décadas despois de que comezara a libre circulación de persoas e bens”.

Durante a presentación, o alcalde de Vila Nova de Cerveira realzou que a “Eurocidade Cerveira-Tomiño quere continuar a ser exemplo de boas prácticas da cidadanía transfronteiriza e a valedoría é proba diso. Un mecanismo para tomar o pulso á nosa sociedade a través da recolla de reclamacións e suxestións”. Rui Teixeira asegurou que a Eurocidade ten “ideas e proxectos importantes sobre a defensa do territorio, salvagardando os intereses comúns e colocando ao cidadán transfronteirizo no centro das atencións. Imos facer un Espazo Único Europeo”.

Relembrando algunhas das iniciativas promovidas polas primeiras provedoras, as cales foron premiadas a nivel internacional, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, eloxiou “o traballo feito que nos enche de orgullo, estando seguros de que as novas provedoras van proseguir coa recolla de testemuños e presentar novos proxectos e outras dinámicas de cidadanía”.

A profesora auxiliar do Departamento de Ciencia Política da Universidade do Miño e investigadora do CICP, Sandrina Antunes, proferiu unha intervención na cal lembrou que o COVID-19 trouxo algunhas ensinanzas importantes, como a necesidade de lembrar que a cooperación transfronteiriza é un elemento fundamental. A académica reforzou “a necesidade de repensar a forma tradicional de fronteiras. Non é abolir, mais camiñamos para unha maior complexidade e necesitamos dunha maior enxeñaría administrativa. Non é eliminar fronteiras políticas, mais dinamizar unha maior flexibilizaçión, apostando polo concepto de fronteiras funcionais. Trátase dun desafío para académicos, políticos e UE. Precisamos de solucións prácticas para o día a día da cidadanía transfronteiriza”.

A Valedoría da Cidadanía Transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño, figura pioneira de cooperación entre a Galiza e Norte de Portugal creada en xullo de 2017, exerce a súa actividade con autonomía e imparcialidade en relación aos órganos municipais e sen ningún tipo de retribución económica. Teñen como funcións recibir queixas, reclamacións e suxestións relativas ás relacións transfronteirizas entre os dous municipios e emitir informes, recomendacións e suxestións dentro das súas competencias.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas valedoras transfronteirizas
28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego