logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Reunión virtual das valedoras transfronteirizas para analizar o impacto social do peche de fronteiras
Reunión virtual das valedoras transfronteirizas para analizar o impacto social do peche de fronteiras
11 Maio, 2020
Ponte da Amizade
A execución dos proxectos vencedores do OPT realizarase en 2021 e cancélase a edición deste ano
15 Maio, 2020

Continúan as roldas de contactos para a apertura de máis pasos nas fronteiras de Galicia e Portugal

14 Maio, 2020
Sandra González, Brito Nogueira e Uxío Benítez

A problemática chegará á presidenta da Comisión Europea e xa foi trasladada a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas e a outros estamentos políticos

 O treito pontevedrés supón o 5% da liña da fronteira entre España e Portugal, pero asume o 49% de todos os tránsitos de vehículos e persoas 

 

Os concellos do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) continúan a traballar para conseguir que remate o peche de fronteiras no territorio miñoto ou, polo menos, que se suavicen as medidas tomadas ata o de agora nos pasos fronteirizos. Neste sentido, o AECT fixo chegar á mesa da presidenta da Comisión Europea, Ursela Von der Leyen, a problemática do peche da fronteira no Miño, a quen o secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), Martín Guillermo Ramírez, comprometeuse a dar a coñecer de maneira inmediata e directa o grande impacto económico que está a sufrir o territorio transfronteirizo do Miño polo mantemento dun único paso na fronteira para os traballadores e traballadoras da zona, unha das máis dinámicas de toda Europa.

Nunha reunión telemática con Uxío Benítez, director do AECT e deputado de Cooperación Transfronteiriza, e Fernando Brito Nogueira, vicedirector e presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira, Martín Guillermo sinalou a importancia de abrir máis pasos de maneira urxente e de adoptar medidas e políticas de apoio para paliar os danos nos diferentes sectores produtivos. A ARFE, responsable de representar os intereses das rexións limítrofes ante as organizacións europeas e as autoridades estatais, elevará a situación a diferentes estamentos da cúpula política europea para buscar unha solución aos tránsitos transfronteirizos que involucre a todos, xa que os maiores problemas polos peches das fronteiras estanse a producir nos territorios nos que existen estruturas de cooperación estables e nos que as dinámicas de relación son máis intensas.

A fronteira máis dinámica

Martín Guillermo loubou tamén a iniciativa do AECT de ter solicitado un estudo de impacto socioeconómico urxente á Universidade de Vigo, que desvela que o territorio da fronteira está a sufrir dobremente a situación derivada do COVID-19, tanto pola restrición de movementos xerais como polo feito de ser fronteira. Con máis de 150.000 veciños e veciñas nos concellos da ribeira do Miño e 400.000 na súa área, o treito pontevedrés supón o 5% da liña de fronteira con Portugal en todo o Estado español, pero asume o 49% de todos os tránsitos de vehículos e persoas, xa que é unha das áreas transfronteirizas máis dinámicas economicamente de toda Europa, a que reúne máis poboación e a que ten relacións sociais, culturais e lingüísticas máis profundas.

Roldas de contactos

A rolda de contactos cos diferentes estamentos políticos continúa. O AECT Rio Minho xa remitiu o pasado 30 de abril á Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira, a declaración asinada por todos os alcaldes da fronteira tanto da parte pontevedresa como da parte portuguesa defendendo a apertura de novos pasos fronteirizos, así como un programa de paliación dos efectos económicos e sociais do Covid -19 na fronteira.  Este documento fora xa remitido tamén aos gobernos centrais español e luso, ao presidente da Xunta, así como a diferentes representantes de entidades relacionados cos intereses do territorio da ‘raia’.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegurou ao director do AECT que remitiría un informe ao Ministerio de Sanidade e ao de Interior para solicitar que se abran novas vías de conexión co país veciño e que se teña en conta a problemática e particularidade da fronteira do Miño, con traballadoras e traballadores que teñen que dar rodeos de ata 100 quilómetros para acudir aos seus postos, algo que economicamente nalgúns casos é inasumible. Mentres, o AECT comprometeuse a trasladar á Delegación do Goberno todos os pasos que vaia dando o Goberno portugués co fin de chegar a unha solución consensuada e coordinada.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego