logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
AECT Rio Minho lança apelo aos Governos de Portugal e Espanha para “deixar de castigar as trabalhadoras e os trabalhadores transfronteiriços”
AECT Rio Minho fai un chamamento aos Gobernos de Portugal e España para “deixar de castigar a traballadoras e traballadores transfronteirizos”
5 Febreiro, 2021
AECT Rio Minho elenca cinco medidas contra posição inflexível dos Governos de Portugal e Espanha
AECT Rio Minño inclúe cinco medidas contra a posición inflexible dos gobernos de Portugal e España sobre os pasos transfronteirizos
17 Febreiro, 2021

A Eurocidade Cerveira-Tomiño adia ata setembro o IV Simposio Internacional de Escultura do Minho

9 Febreiro, 2021
Eurocidade Cerveira-Tomiño adia para setembro IV Simpósio Internacional de Escultura do Minho

Ante o actual contexto de incertidume provocado pola pandemia da COVID-19, o Comité de Gestão Estratégica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu reaxendar para o mes de setembro a realización da 4ª edición do Simposio Internacional de Escultura do Minho. Durante a reunión celebrada este martes por videoconferencia, os alcaldes veciños abordaron tamén o tema do peche de fronteiras e o seu impacto para as traballadoras e traballadores transfronteirizos.  

Cun investimento municipal de 150.000 euros, dividido por ambos os dous concellos, o plan de actividades da Eurocidade Cerveira-Tomiño previsto para este 2021 poderá ser totalmente reorientado en función da situación epidemiolóxica, como xa aconteceu en 2020.

Neste momento, e aínda á espera do que pode ou non ser executado no período de verán, o Comité de Gestão Estratégica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño aprovou o adiamento para o mes de setembro da 4ª edição do Simpósio Internacional de Escultura do Minho que tería lugar entre o 1 e o 20 de xuño, e cuxa esencia é a creación de obras de arte en vivo en plena interacción co público e coa natureza.

Peche de fronteiras

Aínda que non constaba na orde do día da reunión, pero debatido pola urxencia e o impacto diario nas poboacións de fronteira, o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respetivamente, abordaron o tema do peche das fronteiras, estando en pleno acordo da necesidade do control sanitario como medida de contención da Covid-19, pero sen prexudicar ás traballadoras e traballadores transfronteirizos e aos transportes de mercadorías.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño apoia incondicionalmente a reivindicación do Agrupamento Europeo para a Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho para a apertura dos oito puntos de paso entre o Alto Minho e Galiza, entre os que se atopa a Ponte Internacional da Amizade Cerveira-Tomiño, polo menos para aquelas persoas que teñen que circular entre ambas fronteiras para traballar. Existe a esperanza de que o Conselho de Ministros do goberno portugues, que se reunirá nos vindeiros días, poida ser sensible a esta problemática, procedendo a cambios nas medidas restritivas en vigor, facilitando as rutinas diarias e evitando as chocantes, vergoñantes e interminables colas con quilómetros no único punto de paso autorizado, Valença-Tui.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego