logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Eurocidade Cerveira-Tomiño adia para setembro IV Simpósio Internacional de Escultura do Minho
A Eurocidade Cerveira-Tomiño adia ata setembro o IV Simposio Internacional de Escultura do Minho
9 Febreiro, 2021
Primeiro confinamento e encerramento de fronteiras provocou uma perda de faturação superior a 92ME
O primeiro peche de fronteiras provocou unha perda de facturación superior a 92 millóns € nos concellos transfronteirizos de Galicia e Alto Miño
1 Marzo, 2021

AECT Rio Minño inclúe cinco medidas contra a posición inflexible dos gobernos de Portugal e España sobre os pasos transfronteirizos

17 Febreiro, 2021
AECT Rio Minho elenca cinco medidas contra posição inflexível dos Governos de Portugal e Espanha

Tras o seguimento do despacho do Ministro da Administración Interna do Goberno Portugués, que determina os puntos de paso transfronteirizos autorizados na fronteira terrestre, os alcaldes dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra, As Neves e Arbo, e os Alcaldes de Camiña, Melgaço, Monção, Valença, Ponte da Barca e Vila Nova de Cerveira, pertencentes ao AECT Río Miño, reunidos a través de videoconferência, declaran o seguinte:

– con esta renovación de peche das fronteiras, os gobernos reiteran a indisponibilidade de soportar os custos con máis puntos de paso autorizados controlados, querendo traspor para os traballadores e traballadoras transfronteirizas gran parte desa carga. Neste sentido, o AECT volve a reforzar que deben ser os estados a soportar estes gastos e que deben inmediatamente dar inicio a unha compensación financeira para as empresas e os traballadores e traballadoras transfronteirizas que están a sufrir as consecuencias desta medida.

– os concellos galegos e municipios portugueses da fronteira ao Alto Miño coa Galiza, sempre manifestaron a súa dispoñibilidade para colaborar con apoio loxístico na apertura de novos puntos de paso de fronteiras.

– a fiscalización excesiva (máis alá da comprobación de ser traballador transfronteirizo), que está a ser realizada neste momento nos puntos de paso autorizada, está a contribuír, por un lado, a unha demora innecesaria no momento de cruzar e, por outro lado, a unha incomodidade psicolóxica e social que este territorio non vivía hai máis de 30 anos.

Accións

Así, atendendo a esta posición inflexíbel que se considera inxusta e desproporcionada, os alcaldes dos concellos e alcaldes do AECT Río Miño, decidiron o seguinte:

– esixir a integración inmediata dos traballadores e traballadoras transfronteirizos como beneficiarios dos mecanismos/apoios socioeconómicos aprobados polos gobernos de Portugal e de España para facer fronte aos impactos da pandemia Covid-19, e que as empresas prexudicadas co peche de fronteiras poidan participar nos mecanismos de recuperación propios.

– solicitar axuda política e económica á Comisión Europea, unha vez que se considera que se está a pór en dúbida un dos grandes piares da Unión Europea: a Europa sen fronteiras.

– recoller un dossier de testemuños reais, de vidas e negocios afectados gravemente por esta medida, e remitir para o coñecemento dos gobernos de Portugal e España.

– solicitar unha reunión urxente co Ministro da Administración Interna do Goberno Portugués.

– apoiar a mobilización de axentes económicos e sociais para a realización inmediata de accións simbólicas de protesta contra as condicións de peche dos puntos de paso da fronteira entre o Alto Miño e a Galicia.

O AECT elevará á Comisión Europea a situación de desamparo das persoas traballadoras transfronteirizas do Miño polo peche da fronteira

Segundo explica o vicedirector do AECT Rio Miño, Uxío Benítez, unha das decisións da reunión dos 26 alcaldes e alcaldesas foi elevar á Comisión Europea a situación de desamparo das persoas traballadoras transfronteirizas e das empresas, xa que a de o Miño é a fronteira máis dinámica de toda a Europa e un peche como o existente “non se dá noutros territorios”. “Imos remitir un comunicado e pedir auxilio para que interceda ante os estados”, enfatizou.

“Fronteira aberta xa na súa totalidade e con horario pleno” é a reivindicación na que as alcaldesas e alcaldes do territorio miñoto insistiron e pola que decidiron endurecer as súas accións: continuarán dando pasos pola vía institucional ante a Unión Europea e o ministro de Administración Interna de Portugal, mais tamén organizarán novas accións simbólicas de movilización social para chamar a atención dun territorio que se sente afogado e tamén “ ninguneado” polos gobernos de Madrid e Lisboa.

Tamén se manterán novos contactos co ministro de Administración Interna de Portugal, Eduardo Cabrita, a quen se lle instará a revocar a situación actual nunha reunión convocada de urxencia, xa que até o de agora o país veciño foi o que mostrou as maiores reticencias á abertura de novos pasos autorizados na ‘ raia’.

Esas medidas institucionais terán acompañamento tamén en novas accións simbólicas de protesta e mobilización social. “Os ánimos das empresas, transportistas e persoas traballadoras transfronteirizas están moi exaltados, e desde o AECT estaremos mediar ante medidas máis drásticas e contendo o malestar, mais mostraremos con claridade que a este territorio do Miño non se lle pode ningunear porque iso só produce máis cabreo e indignación entre a cidadanía”, subliñou.

O AECT reclamará compensacións económicas para as persoas traballadoras transfronteirizas que están afectadas polo peche. “Non só hai custes de combustíbel, senón tamén de tempo. Hai persoas que saen unha hora antes para ir ao seu traballo e, ao estar dúas horas no paso da fronteira, chegan tarde e deben recuperar esas horas perdidas ficando ao rematar a xornada nos seus postos… Iso ten un custe non só económico senón tamén anímico. E xa que non se pode compensar polos problemas psicolóxicos, polo menos polos económicos”, insistiu.

O vicedirector subliñou que hai unha profunda indignación e incomprensión nos alcaldes e alcaldesas do territorio miñoto “ante esta decisión dos estados que non escoitan ao territorio e non escoitan a problemática que existe na fronteira máis dinámica e máis poboada e máis relacións sociais entre España e Portugal e unha das máis dinámicas da Europa. Non entenden esta realidade e non facer ás nosas reivindicacións de abrir os pasos cos controis sanitarios necesarios. Hai máis de 6.000 traballadores afectados que teñen un custe en tempo e diñeiro para acceder aos seus postos”, insistiu.

Finalmente, Benítez fixo fincapé no ofrecemento de colaboración dos concellos dunha e outra ribeira para a loxística da reapertura dos pasos. Reclamou tamén unha maior coordinación entre os estados e entre estes e os municipios afectados, criticando que moitos alcaldes e alcaldesas se enteraron das últimas modificacións dos pasos pola publicación do boletín portugués en lugar de por unha comunicación oficial directa. “Queremos a abertura de todos os pasos 24 horas cos controis sanitarios necesarios e só para as persoas que están autorizadas, traballadoras, transportistas… Non queremos que pase ninguén máis das persoas que deben”, insistiu.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego