logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
As valedoras da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Foto: Chema Moya (EFE)
As valedoras de Cerveira-Tomiño, dúas pioneiras na Europa sen fronteiras – Axencia EFE
2 Maio, 2019
X Mostra de Arte Infanto-Xuvenil Educarte
Escolares de Cerveira e Tomiño amosarán os seus traballos artísticos na Mostra de Arte infanto-xuvenil Educarte
27 Maio, 2019

Éxito rotundo das actividades nas parroquias do programa ‘Deporte para todas as persoas’

8 Maio, 2019
Actividades nas parroquias tomiñesas do programa Deporte para todas as persoas, da Eurocidade Cerveira-Tomiño

Xa hai máis de 100 persoas inscritas nas actividades que se desenvolven en Sobrada, Tomiño e Tebra. En total, unhas 200 persoas participan nas diferentes actividades deportivas transfronteirizas da Eurocidade Cerveira-Tomiño

 

Grande acollida das actividades gratuítas desenvolvidas nas parroquias tomiñesas dentro do programa ‘Deporte para todas as persoas’, posto en marcha pola Eurocidade Cerveira-Tomiño en instalacións municipais de ambos os dous concellos. Máis de 100 persoas xa están inscritas e participan nas clases que cada semana se desenvolven en Sobrada (mércores), Tomiño (xoves) e Tebra (venres) e que cada vez suscitan máis interese entre a poboación. Son actividades como ximnasia de mantemento e pilates coas que os e as participantes din sentirse mellor fisicamente.

De xeito paralelo, Vila Nova de Cerveira ten en marcha tamén tres grupos de actividades deportivas gratuítas nos IPSS (Institucións Particulares de Solidariedade Social) dirixidas a un perfil de público diferentes, especialmente xente de maior idade.

Inscrición

Máis de 200 persoas participan nas actividades gratuítas do programa transfronteirizo ‘Deporte para todas as persoas’ e que inclúe, ademais das modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira: piscina en familia nas instalacións municipais de Cerveira, con natación e iniciación ao medio acuático para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados dun familiar os primeiros sábados de cada mes (18.45 h, hora galega), e actividades para maiores de 55 anos, todos os martes (10.30 h) en Cerveira e os xoves (10.00 h) no local da Asociación Vontade de Tomiño. Ambas as dúas tamén cunha boa acollida por parte da poboación.

 

Actividades nas parroquias tomiñesas do programa Deporte para todas as persoas, da Eurocidade Cerveira-Tomiño
Actividades nas parroquias tomiñesas do programa Deporte para todas as persoas, da Eurocidade Cerveira-Tomiño

 

Este programa deportivo comezou unha nova tempada en setembro de 2018 e estará aberto ata novembro deste ano, agás no mes de agosto, no que se fará un parón estival. Todas as persoas interesadas en participar poden aínda inscribirse vía online, cubrindo o formulario que atoparán na web da Eurocidade, ou de forma presencial na oficina de Cooperación Transfronteiriza, situada no segundo andar do Concello de Tomiño (Praza do Seixo). Máis información no teléfono 986 18 45 98, en horario de 08.00 a 15.00 horas.

Programa Interreg

Estas actividades deportivas que invitan aos veciños e veciñas dos dous municipios a compartir prácticas saudables forman parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego