logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Actividades artística en Gallaecia ao abeiro do OPT 2018
A Eurocidade achega o mundo da arte a máis de 400 estudantes de Tomiño e Cerveira
23 Abril, 2019
Actividades nas parroquias tomiñesas do programa Deporte para todas as persoas, da Eurocidade Cerveira-Tomiño
Éxito rotundo das actividades nas parroquias do programa ‘Deporte para todas as persoas’
8 Maio, 2019

As valedoras de Cerveira-Tomiño, dúas pioneiras na Europa sen fronteiras – Axencia EFE

2 Maio, 2019
As valedoras da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Foto: Chema Moya (EFE)

Noticia publicada pola Axencia EFE // 📸 Fotos: Chema Moya (EFE)

Só cinco meses despois de acadar a denominación de “eurocidade”, os municipios de Tomiño (España) e Vila Nova de Cerveira (Portugal) son pioneiros nunha  experiencia innovadora da Europa sen fronteiras, a integración nas súas administracións das “valedoras” ou defensoras dos dereitos da cidadanía transfronteiriza.

Esta figura, creada para mellorar o día a día dos habitantes destas localidades situadas á beira do río Miño, axuda ademais a achegar os proxectos da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriz ás inquietudes dos cidadáns.

A firma da eurociudade Cerveira-Tomiño supuxo refrendar a cooperación institucional, económica, social, cultural e ambiental entre ambos os dous municipios, vencellados historicamente pero pertencentes a distintos estados da Unión Europea (UE).

A valedora española da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Zara Pousa. Foto: Chema Moya (EFE)A valedora española Zara Pousa e a portuguesa Lurdes Cunha axudan co seu labor a “defender os intereses dos habitantes de Cerveira e de Tomiño como ciudadáns europeos”, afirma a primeira tras explicar que “na Europa sen fronteiras segue habendo diferenzas”, pois moitas “leis son diferentes” en ambos países.

Tanto Pousa como a súa homóloga portuguesa recollen nos seus informes as queixas, reclamacións e suxestións dos cidadáns para adaptar as accións das institucións locais e europeas ás necesidades dos tomiñeses e cerveirenses.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que estas defensoras “inflúen de xeito moi positivo” na resolución de problemas ou limitacións que afectan aos ciudadáns pola existencia dunha fronteira que “a veces pensamos que non existe pero está en cuestións políticas e administrativas”.

Elas contribúen “a que a ciudadanía europea sexa cada vez máis efectiva”, sinala González. Son as encargadas de informar sobre “aquelo que a xente normalmente non di directamente á alcaldesa ou ao presidente da Cámara, plantexan problemas que doutro modo pasarían completamente desapercibidos”.

Unha solicitude das valedoras á Cámara de Cerveira e ao concello de Tomiño sirvió, por exemplo, para solventar diferenzas entre usuarios da piscina de Cerveira, na que os españois tiñan limitado o pago con tarxeta de crédito das actividades por estar situada nun país diferente.

Pendente de resolución está a barrera na mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil, que afecta ás actividades comúns que organizan entre institutos dos dous municipios.

A provedora portuguesa da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Lurdes Cunha. Foto: Chema Moya (EFE)E é que “unha das formas de divulgar a eurociudade e facer que haxa interacción entre as persoas foi chegar ás escolas”, di Lurdes Cunha, maestra de profesión, e convencida de que “desde nenos, cando as persoas comezan a ser formadas, se teñen unha visión máis ampla, máis global, converterase en fermento para que o mundo sexa mellor”.

As actividades entre estudantes de ambos os dous municipios supoñen, só por cruzar o Miño, “un formulario firmado por ambos proxenitores ante a Garda Civil” para os españois e, no caso portugués, “autorización con firma validada de pai, nai ou tutor ante notario, cos correspondentes custes económicos”.

Por iso as valedoras, a través dun informe remitido a organismos europeos e nacionais, apostan por fomentar a “flexibilidade da liña fronteiriza”, considerando no contexto da eurociudade unha “zona franca administrativa”.

Un paso máis para fomentar a integración entre os veciños de ambas beiras do Miño, que viven en dous países europeos diferentes, pero que se sinten “ciudadáns do mundo, somos todos de aquí”, resume a valedora portuguesa.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego