Muller con emprego na industria, perfil maioritario dos traballadores transfronteirizos afectados polo peche de fronteiras
24 Marzo, 2021A piscina municipal de Cerveira reabre o 10 de maio só para baños libres
7 Maio, 2021Fronteiras Portugal/España: A luz ao fondo do túnel
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial ( AECT) do Río Miño pretende presentar, en breve, un plano propio de reactivación económica para a fronteira do Río Miño con recurso a fondos europeos. Co obxectivo de amenizar os prexuízos causados polo peche de fronteira, a entidade transfronteiriza agarda aínda que os gobernos de Portugal e de España amosen a súa sensibilidade para coas preocupacións sentidas polas poboacións raianas e tomen medidas reais.
Co anuncio do Goberno de Portugal de abertura das fronteiras terrestres con España xa a partir do sábado 1 de maio, agardándose a mesma medida en breve do lado español, a prioridade é xa “o día despois”. “O mal está feito, agora é urxente atenuar os efectos”, afirma o director do AECT Río Miño e alcalde de Vila Nova de Cerveira. “Nos últimos 13 meses, a dinámica socioeconómica transfronteiriza do Alto Miño e da Galiza só viviu en común seis meses. Foi creado un deserto que afectou traballadores e empresas, polo que é tempo de concretar unha necesaria e efectiva unión de esforzos para reactivar esta vivencia”, subliña Fernando Nogueira, engadindo: “Este é o momento para que os Gobernos de Portugal e de España amosen que a última Cume Ibérica da Guarda non pasou dun efémero marketing político”.
Aos prexuízos calculados por estimativa do primeiro confinamento (92ME), a pandemia Covid-19 veu a por de manifesto “a inquestionable relación umbilical existente nas rexións transfronteirizas, en particular do Alto Miño e da Galiza, e a poñer ao descuberto algúns puntos sensibles”. Para o director do AECT Río Miño non hai dúbida, “os traballadores transfronteirizos e as empresas foron danadas, e ten de haber compensacións financeiras, pois é responsabilidade directa dos Estados a imputación dos custos extraordinarios ao longo destes meses”.
A intención é recorrer aos fondos europeos a través do ‘Next Generation’, programa creado pola Unión Europea para reactivar economicamente os estados membros ante o contexto da pandemia Covid-19. Non obstante, o AECT Río Miño considera que, comprobados cientificamente os dobres prexuízos nas zonas de fronteira, o ‘Next Generation’ debe conter medidas concretas para estes territorios excepcionais.
Non obstante, e porque en breve vai avanzarse coa execución do Cadro Comunitario 2021-2027, no cal normalmente hai medidas para a cooperación transfronteiriza, o AECT Río minho considera ser necesario ter en liña de atención o Miño e incluír contrapartidas específicas, ben como o papel dos estados centrais é reivindicado, concretando instrumentos de compensación directa, axudas económicas aos traballadores transfronteirizos que, en media, gastaron entre 200 e 300 euros de máis en combustible e perderon o tempo en camiños máis longos durante o peche de fronteiras.
A pesar de que Portugal reabriu as fronteiras con España hai aínda algunhas condicionantes na circulación, xa que España está en ‘estado de alarma’ ata o 9 de maio, e a Comunidade Autónoma da Galiza está suxeita a un peche perimetral, polo que as saídas e as entradas neste territorio só son posibles para motivos considerados na lei (traballo saúde, educación…). Deste xeito, os traballadores transfronteirizos deixan de estar suxeitos a un calvario provocado polas longas colas no único punto permanente de paso e de facer percorridos extensos, levando máis tempo e despendendo máis diñeiro.