logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas de actividades
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
Desacordo com a medida governamental de encerramento de três pontes sobre o rio Minho
Desacordo coa medida gobernamental de peche de tres pontes no río Miño
1 Febreiro, 2021
AECT Rio Minho lança apelo aos Governos de Portugal e Espanha para “deixar de castigar as trabalhadoras e os trabalhadores transfronteiriços”
AECT Rio Minho fai un chamamento aos Gobernos de Portugal e España para “deixar de castigar a traballadoras e traballadores transfronteirizos”
5 Febreiro, 2021

Cerveira e Tomiño presentan o seu Parque da Amizade ao delegado do Goberno español

3 Febreiro, 2021
Parque da Amizade apresentado ao delegado do Governo espanhol

A dirección da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño), Fernando Nogueira e Uxío Benítez, e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González, reuníronse por videoconferencia co delegado do Goberno español para presentar o proxecto transfronteirizo do Parque da Amizade, que unirá os concellos fronteirizos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño a través dunha ponte peonil e ciclable sobre o río Miño.

Tras se informar do obxectivo deste proxecto moi singular no contexto europeo e do actual punto de situación, o delegado Javier Losada manifestou o seu interese e comprometeuse a acompañar a tramitación do proceso xunto dos órganos estatutais involucrados, poñendo todos os esforzos para sensibilizar ao Goberno de Madrid sobre a importancia desta conexión.

Durante o encontro, os responsables do AECT Río Miño e da Eurocidade Cerveira-Tomiño subliñaron os pormenores desta nova área de lecer de carácter transfronteirizo, de elevado valor natural, turístico e social, e coa perspetiva dunha conexión á rede de camiños verdes transfronteirizos.

A unión de dous espazos urbanos próximos

Valorizando a integración persoas-natureza xa vivenciada e promovida, o Parque da Amizade Cerveira-Tomiño é a unión de dous espazos urbanos próximos, o Parque de Lecer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) e o Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño), cunha área aproximada de 25 ha (incluíndo a expansión prevista do lado portugués). Ambas as dúas zonas comparten o mesmo espazo natural e son vividos da mesma forma polos seus usuarios. A visión de futuro é a de dar corpo a un espazo verdadeiramente europeo, sen fronteiras, físicas ou psicolóxicas, de respecto pola diferenza, pola liberdade e polo ambiente, onde se estabelecen relacións humanas de socialización, lecer, deporte, coñecemento da memoria ambiental e cultural do río, nun ambiente de equilibrio entre o home e a natureza.

Non obstante, o proxecto máis ambicioso para a concreción do Parque da Amizade é a construción dunha travesía peonil e ciclable con menos de 300m sobre o río Miño que permitirá crear o primeiro espazo público de utilización colectiva transfronteiriza, símbolo dun novo paradigma civilizacional, o paradigma da dilución cultural e psicolóxica das fronteiras.

Proxecto VISIT_RIO_MINHO

O Parque da Amizade enmárcase no proxecto VISIT_RÍO_MIÑO presentado á primeira convocatória do Programa Operacional España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020 Interreg VA nunha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Miño, o AECT Río Miño, os Municipios fronteirizos do Río Miño, a Fundación CEER e o Centro Tecnolóxico do Mar.

Non obstante, e resultado das 24 propostas sometidas ao Concurso Internacional de Ideas para o proxecto da travesía peonil, promovido pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Tomiño e o municipio de Vila Nova de Cerveira, as sociedades Burgos y Garrido presentaron a proposta vencedora, co nome ‘Unha liña sobre o Miño’, e cuxo anteproxecto xa se encontra en fase de validación xunto das entidades competentes de ambos os países.
Share this...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Pin on Pinterest
Pinterest
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email

Novas relacionadas

AECT Rio Minho elenca cinco medidas contra posição inflexível dos Governos de Portugal e Espanha
17 Febreiro, 2021

AECT Rio Minño inclúe cinco medidas contra a posición inflexible dos gobernos de Portugal e España sobre os pasos transfronteirizos


Ler máis
Eurocidade Cerveira-Tomiño adia para setembro IV Simpósio Internacional de Escultura do Minho
9 Febreiro, 2021

A Eurocidade Cerveira-Tomiño adia ata setembro o IV Simposio Internacional de Escultura do Minho


Ler máis
AECT Rio Minho lança apelo aos Governos de Portugal e Espanha para “deixar de castigar as trabalhadoras e os trabalhadores transfronteiriços”
5 Febreiro, 2021

AECT Rio Minho fai un chamamento aos Gobernos de Portugal e España para “deixar de castigar a traballadoras e traballadores transfronteirizos”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020
cerveira@eurocidadecerveiratomino.eu



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03
tomino@eurocidadecerveiratomino.eu

Galego
  • Português
  • Galego
Esta páxina utiliza testemuños e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio:AceptarRexeitarMáis información