AECT Rio Minño inclúe cinco medidas contra a posición inflexible dos gobernos de Portugal e España sobre os pasos transfronteirizos
17 Febreiro, 2021A AECT Río Miño esixe a aplicación efectiva de fondos europeos nas rexións de fronteira e compensacións financeiras para traballadores e empresas
4 Marzo, 2021O primeiro peche de fronteiras provocou unha perda de facturación superior a 92 millóns € nos concellos transfronteirizos de Galicia e Alto Miño
O primeiro confinamento como medida de contención á Covid-19, e o consecuente peche de fronteiras entre o Alto Miño e a Galiza, ocorrido entre 17 de marzo e 30 de xuño de 2020, provocou unha perda de facturación superior a 92 millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño. Esta é a principal conclusión do estudo solicitado polo AECT Río Miño ao doutorado en Economía da Universidade de Vigo, Xavier Cobas, e que, mesmo aínda sen datos oficiais, por en relevo que o prexuízo económico do actual peche poida ser aínda maior.
O presente estudo do impacto socioeconómico no alto Miño/Galiza foi presentado, aos alcaldes dos 26 municipios que constitúen a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño que, hai xa un mes, reivindica a apertura de todos os puntos de paso fronteirizos nesta rexión, nunha primeira fase, para flexibilizar a circulación de traballadores transfronteirizos e de transportes de mercadoría. O traballo agora coñecido vén corroborar a urxencia destas peticións, considerando unha decisión inxusta para os traballadores e para a economía do territorio minhoto, e inútil para o control da pandemia.
O documento presenta varios datos relativos ao enorme e indiscutible impacto na dinámica socioeconómica desta rexión transfronteiriza, co comercio e a hostalaría a seren os sectores máis afectados, cun prexuízo de facturación de 92 millóns de euros – equivalente a 23 millóns de euros de Valor Engadido Bruto -, segundo os datos oficiais facilitados polos gobernos centrais. Tamén se detectaron valores importantes de impacto no transporte e no sector inmobiliario, así como na industria.
O estudo liderado polo profesor Xabier Cobas realza que, máis alá da diminuta facturación debida á pandemia, todos estes sectores sufriron o efecto fronteira, aumentando as perdas en 12% no comercio e en 19% na hostalaría e restauración, o que acrecenta a quebra dos negocios pola simple razón dos consumidores de ambas as marxes non podían cruzar a fronteira, xa que o acceso só estaba permitido a traballadores.
Outra das temáticas colocadas encima da mesa foi o número de horas de traballo perdidas debido á espera na Ponte Internacional de Valença-Tui. Atendendo a un tempo medio de espera de 15 minutos na ida e outros 15 na volta (valor considerado moi conservador debido ás longas filas detectadas), e sabendo que no primeiro peche pasaron polo control 356.000 persoas, a economía desta rexión transfronteiriza perdeu 180.000 horas efectivas. A estas, aínda tiña que ser contabilizado o tempo que os traballadores tamén perderon nos quilómetros de máis por non existiren pasaxes autorizadas en todas as pontes.
Aínda de acordo cos cálculos de Xabier Cobas, o peche de fronteiras afectou cerca de 25.000 persoas en toda a euroregião Norte de Portugal-Galiza e 10.000 nos distritos de Pontevedra-Viana do Castelo, especificamente casos de persoas que viven e traballan en ambos os lados da fronteira, ou porque viven nun lado e traballan na outra marxe, ou porque as empresas operan en todo o territorio e obrigan ao movemento.
En canto á repercusión do peche de fronteiras decretado no inicio de 2021, o profesor universitario xa adiantou que o impacto será moito máis negativo para a economía transfronteiriza pois, se no primeiro confinamento a actividade económica estaba practicamente parada, actualmente hai un maior índice de actividade. Desta forma, Xabier Cobas reiterou que o actual peche das pontes “é redundante e inútil” porque as persoas que pasan a fronteira son as que se encontran autorizadas, deixando un exemplo para reflexión: “E se pechasen a Ponte 25 de Abril, non habería movemento de persoas autorizadas?”
AECT Rio Minho reivindica compensacións económicas para traballadores e empresas
O AECT Río Miño presentará as súas contribucións para o programa operativo POCTEP 2021-2027, en fase de consulta pública e que, aínda que teña como prioridade achegar fondos europeos ás fronteiras, a súa distribución tamén contempla zonas non fronteirizas. A reivindicación é a de que se garanta que os fondos se destinan ás zonas de raia e se creen medidas específicas para a zona do Miño.